Skip to content

23 diciembre, 2011

IN 422D – Adhesión o plan renove de equipos de climatización

Xunta de Galicia

Prazo de presentación:  23/12/2011 – 03/01/2012

 

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes que se renoven, dos edificios existentes, e reduzan o seu consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes de equipos de produción de calor e frío por outros de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.

Considérase actuacións subvencionables:

Será subvencionable o cambio de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipamentos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW (a potencia corresponderá á suma das potencias de todas as caldeiras instaladas e, no caso de equipos de frío ou de bombas de calor, corresponderá a suma de todas as potencias térmicas das unidades exteriores) que cumpran cos seguintes requisitos técnicos:

1. Caldeiras de condensación.

2. Equipamentos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga. (rendemento: clase A e EER superior a 3).

3. Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire. (Rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).

As marcas e modelos subvencionables encontraranse incluídas na listaxe do Plan Renove de Equipamentos de Climatización co obxecto de garantir, desde o punto de vista de eficiencia enerxética, a idoniedade dos equipamentos. Esta listaxe poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).

Considéranse custes subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e o IVE, no caso de que este sexa subvencionable. No caso de equipamentos de frío ou bombas de calor, considérase custo da instalación tanto a unidade exterior coma as unidades interiores.

A contía da subvención calcularase atendendo aos límites establecidos que se especifican a seguir segundo a potencia nominal. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 30 % do custo total da actuación.

O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

As entidades colaboradoras terán como cometido servir de enlace entre os beneficiarios das axudas e o Inega, nos seguintes termos:

- Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.

- Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

- Desenvolvemento das accións vinculadas.

- Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Inega.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Requisitos:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Inega poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na alínea d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Inega e, se é o caso, o cofinanciamento con fondos do IDAE no marco do Convenio do 3 de xullo de 2008.

d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

Comments are closed.