IN 422E – Axuda ao plan renove de equipos de climatización.
Prazo de presentación: 23/12/2011 – 03/01/2012
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes de equipamentos de produción de calor e frío por outros de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.
Considérase actuacións subvencionables:
Será subvencionable o cambio de caldeiras, equipamentos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipamentos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW (a potencia corresponderá á suma das potencias de todas as caldeiras instaladas e, no caso de equipos de frío ou de bombas de calor, corresponderá a suma de todas as potencias térmicas das unidades exteriores) que cumpran cos seguintes requisitos técnicos:
Caldeiras de condensación.
Equipamentos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga (rendemento: clase A e EER superior a 3).
Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire (rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).
As marcas e modelos subvencionables encontraranse incluídas na listaxe do Plan Renove de Equipamentos de Climatización co obxecto de garantir, desde o punto de vista de eficiencia enerxética, a idoniedade dos equipamentos. Esta listaxe poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).
Considéranse custes subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e o IVE, no caso de que este sexa subvencionable. No caso de equipamentos de frío ou bombas de calor, considérase custo da instalación tanto a unidade exterior coma as unidades interiores.
A contía da subvención calcularase atendendo aos límites establecidos que se especifican a seguir segundo a potencia nominal. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 30 % do custo total da actuación.
O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.
Beneficiarios:
Requisitos:
a) As descritas no artigo 7 letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.
c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 10. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada polo Inega. Este pagamento debe estar debidamente xustificado mediante xustificante bancario tal e como establece o artigo 10.b destas bases.




Comments are closed.