Skip to content

21 enero, 2012

TR 341D – Promoción de emprego autónomo

Xunta de Galicia

Fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2012.

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive.

Tipos de axuda
-Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
-Subvención financeira.
-Subvención para asistencia técnica.
-Subvención para formación.
-Axuda excepcional.
-Subvención pola primeira contratación indefinida.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2012, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

a) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:
-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
-Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).
b) Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais xa constituídos que realicen esta contratación durante o seu primeiro ano de actividade e para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.2. Os traballadores e traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, agás a subvención pola primeira contratación indefinida, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.
Quedan excluídos deste programa os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

3. Para os efectos deste programa, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da solicitude de alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

Requisitos:
Non poderán obter a condición de beneficiarios do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46º.2 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Mas información en Xestiona Asesores

Comments are closed.