Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos
Obxecto.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas cales se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2012. Read more
TR 341D – Promoción de emprego autónomo
Fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2012.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada. Read more
IN 422E – Axuda ao plan renove de equipos de climatización.
Prazo de presentación: 23/12/2011 – 03/01/2012
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes de equipamentos de produción de calor e frío por outros de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.
Considérase actuacións subvencionables: Read more
IN 422D – Adhesión o plan renove de equipos de climatización
Prazo de presentación: 23/12/2011 – 03/01/2012
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes que se renoven, dos edificios existentes, e reduzan o seu consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes de equipos de produción de calor e frío por outros de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.
Considérase actuacións subvencionables: Read more
IN220A Subvención as asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a incentivación da demanda comercial en desenvolvemento do Plan ÁGORA
Subvencións ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, sen fins de lucro, que desenvolvan actuacións de incentivación da demanda comercial, mediante fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal, en desenvolvemento do Plan ÁGORA, Agora Re-comercia 2010-2013.
Actuacións subvencionables.
A incentivación da demanda comercial que facilite o desenvolvemento de estratexias para a mellora da distribución, loxística e promoción comercial, levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de:
Read more



