Skip to content

Posts tagged ‘Ayuda 360 Euros’

2
abr

Orde do 26 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos

A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dun fillo/a establece deducións da cota integra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas polo nacemento de fillos/as. Por outra banda, a Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 prevé, na súa disposición adicional oitava, que aquelas persoas que, con data do 1 de xaneiro de 2013, teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, durante o ano 2011, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.

Persoas beneficiarias Read moreRead more

17
feb
Hijo Menor

Axuda de 360 € por cada fillo menor de 3 anos

A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dunha filla ou fillo establece deducións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas polo nacemento de fillas ou fillos. Por outra banda, o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 prevé que aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, tivesen ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por Read moreRead more