Skip to content

Posts tagged ‘Subvencions’

18
nov
Xunta de Galicia

IN220A Subvención as asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a incentivación da demanda comercial en desenvolvemento do Plan ÁGORA

Subvencións ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, sen fins de lucro, que desenvolvan actuacións de incentivación da demanda comercial, mediante fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal, en desenvolvemento do Plan ÁGORA, Agora Re-comercia 2010-2013.

Actuacións subvencionables.
A incentivación da demanda comercial que facilite o desenvolvemento de estratexias para a mellora da distribución, loxística e promoción comercial, levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de:
Read moreRead more

20
oct
Xunta de Galicia

TB 341M – Subvención do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras das subvencións do custo salarial establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, e realizar a súa convocatoria para o período do último trimestre do ano 2011 e do primeiro semestre do ano 2012.

A finalidade destas subvencións é axudar os centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.
Read moreRead more

14
jun
Xunta de Galicia

CT 205C – Subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais, para o seu funcionamento e a realización de programas e actividades culturais.

O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro, que sexan solicitadas á Consellería de Cultura e Turismo conforme o procedemento que se establece a seguir. Read moreRead more

14
jun
Xunta de Galicia

CT 970A – “Q de Calidade” Subvencións co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística do Instituto para a calidade turística española (ICTE)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para a implementación de normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

En concreto, consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: Read moreRead more